A batalla de Occidente

17,00

No centenario do Tratado de Versalles, unha novela en clave histórica e política sobre a cerna da Gran Guerra en Europa: unha carnicería sen precedentes que levou a todo un continente ata o bordo do abismo.

Disponibilidad: 1 disponibles (puede reservarse)

Caracteres restantes/máximo:100/100
  • Título: A batalla de Occidente
  • Autor: Éric Vuillard
  • Tradución: Antía Veres Gesto
  • Editorial: Kalandraka
  • Colección: Factoría K
  • Idioma: Galego
  • Ano edición: 2019
  • Número de páxinas: 161
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788416721481

O 28 de xuño de 1919, na Galería dos Espellos do Palaciode Versalles, asinouse o tratado que puxo fin á I Guerra Mundial. Cumpríanse cinco anos do atentado de Saraxevo no que fora asasinado o arquiduque Francisco Fernando, que foi o detonante da Gran Guerra. O acordo entrou en vigor o 10 de xaneiro de 1920. Éric Vuillard narra o atentado con mestría, dende unha perspectiva histórica e política; mais tamén describe os inicios da Batalla de Occidente, as ambicións dos estrategas militares, as trincheiras convertidas en xigantescos cemiterios, as chairas cubertas polo gas mostaza, as cidades arrasadas, a orixe dos campos de prisioneiros… O relato de momentos íntimos protagonizados polos que sufriron a contenda, coa descrición de escenas épicas e conmovedoras, forman un detallado mosaico da Gran Guerra en Europa. Unha Europa que entraba na Modernidade baixo o ruído dos canóns e das bombas aéreas. Neste escenario naceron as grandes fortunas
capitalistas, pero tamén a primeira revolución socialista. Non obstante, ante todo, a Batalla de Occidente foi unha carnicería
sen precedentes -preludio da absoluta barbarie- que acabou provocando a caída de varios imperios. O estratega alemán Alfred von Schlieffen, o mariscal francés Ferdinand Foch, o canceler Otto von Bismarck ou Gavrilo Princip que asasinou o herdeiro do imperio austro-húngaro e a súa muller, a duquesa Sofía Chotek- non son simples personaxes de papel, senón figuras de carne e óso que Vuillard sitúa no plano do persoal. Os textos resaltan polo esmerado traballo narrativo cunha rica linguaxe, inspiradora e incisiva; tan demoledora como os efectos dos bombardeos que asolaron Europa en cada fronte bélica, levando un continente enteiro ao bordo do abismo. E malia o ton crítico e amargo, esta novela antóllase tamén intensa, sarcástica, amena e sensible, porque o autor é quen de tocar na mente e no corazón dos lectores. Con todo, Vuillard comparte o seu pouso de incerteza, de sentimento inacabado, en tanto parte dos enigmas da historia seguen aínda na penumbra.

 

Peso 0,250 kg

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A batalla de Occidente”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Carrito de compra
Scroll al inicio