- Título: A batalla de Occidente
- Autor: Éric Vuillard
- Tradución: Antía Veres Gesto
- Editorial: Kalandraka
- Colección: Factoría K
- Idioma: Galego
- Ano edición: 2019
- Número de páxinas: 161
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788416721481
O 28 de xuño de 1919, na Galería dos Espellos do Palaciode Versalles, asinouse o tratado que puxo fin á I Guerra Mundial. Cumpríanse cinco anos do atentado de Saraxevo no que fora asasinado o arquiduque Francisco Fernando, que foi o detonante da Gran Guerra. O acordo entrou en vigor o 10 de xaneiro de 1920. Éric Vuillard narra o atentado con mestría, dende unha perspectiva histórica e política; mais tamén describe os inicios da Batalla de Occidente, as ambicións dos estrategas militares, as trincheiras convertidas en xigantescos cemiterios, as chairas cubertas polo gas mostaza, as cidades arrasadas, a orixe dos campos de prisioneiros… O relato de momentos íntimos protagonizados polos que sufriron a contenda, coa descrición de escenas épicas e conmovedoras, forman un detallado mosaico da Gran Guerra en Europa. Unha Europa que entraba na Modernidade baixo o ruído dos canóns e das bombas aéreas. Neste escenario naceron as grandes fortunas
capitalistas, pero tamén a primeira revolución socialista. Non obstante, ante todo, a Batalla de Occidente foi unha carnicería
sen precedentes -preludio da absoluta barbarie- que acabou provocando a caída de varios imperios. O estratega alemán Alfred von Schlieffen, o mariscal francés Ferdinand Foch, o canceler Otto von Bismarck ou Gavrilo Princip que asasinou o herdeiro do imperio austro-húngaro e a súa muller, a duquesa Sofía Chotek- non son simples personaxes de papel, senón figuras de carne e óso que Vuillard sitúa no plano do persoal. Os textos resaltan polo esmerado traballo narrativo cunha rica linguaxe, inspiradora e incisiva; tan demoledora como os efectos dos bombardeos que asolaron Europa en cada fronte bélica, levando un continente enteiro ao bordo do abismo. E malia o ton crítico e amargo, esta novela antóllase tamén intensa, sarcástica, amena e sensible, porque o autor é quen de tocar na mente e no corazón dos lectores. Con todo, Vuillard comparte o seu pouso de incerteza, de sentimento inacabado, en tanto parte dos enigmas da historia seguen aínda na penumbra.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.