A orde do día

15,00

A medio camiño entre a ficción e o relato histórico, “A orde do día” ten como trasfondo a anexión alemana de Austria -Anschluss-  en 1938 e a Segunda Guerra Mundial, coa chegada previa  de Adolf Hitler ao poder cinco anos antes e o apoio dos potentes industriais alemáns á maquinaria de guerra nazi.

A acción remóntase a unha fría mañá de febreiro de 1933,  nos primeiros compases do Terceiro Reich, cando Hitler se erixe  en primeiro canciller alemán e -canda Hermann Göring, destacado membro do Partido Nazi- se reúne en secreto no Reichtag, a sede  do parlamento alemán, con 24 directivos de empresas como Krupp, Opel, Siemens, Telefunken, Bayer ou Allianz para pedirlles  que apoien economicamente a campaña do nacionalsocialismo  de cara ás eleccións lexislativas que se celebrarían en marzo.  A cambio da axuda para facerse co absoluto control do goberno, ofréceselles orde, traballo, represión sindical e enormes beneficios económicos. Ningún deles rexeita a proposta.

Paralelo á narración histórica, Éric Vuillard fai unha análise crítica  e irónica dos acontementos, que tanto marcaron o devir actual. Tamén chama a atención sobre o factor do esquecemento, en tanto  esas grandes corporacións colaboracionistas co rexime -que fixeron negocio coa contenda e usaron man de obra escrava nas fábricas- continúan producindo “os nosos coches, as nosas lavadoras e os nosos produtos de limpeza”, afirmou o autor. Non só non perderon, senón que esas marcas seguen presentes nas nosas vidas. As persoas pasan, pero os grandes capitais perduran.

Categoría: Etiquetas: ,
Descripción

A ORDE DO DÍA

 

AUTOR

Éric Vuillard

Sandra y Óscar Senra Gómez (traducción)

 

EDITORIAL

kalandraka

 

COLECCIÓN

Factoría K Narrativa

 

Nº DE PÁXINAS

120 páxinas

 

ENCUADERNACIÓN

Tapa blanda

 

LINGUA

Galego

 

ISBN

 978-84-16721-23-8

 

PREMIO GONCOURT 2017

 

A LUS DO CANDIL

 

Valoraciones (0)

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A orde do día”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies