O inimigo coñece o sistema

17,00

A tecnoloxía que mantén Internet en funcionamento non é neutral, igual que tampouco o é a que atopamos ou instalamos nos nosos teléfonos móbiles. Na última década, todas evolucionaron  dun xeito premeditado, cun propósito moi específico:  manterte cos ollos pegados á pantalla durante o maior  tempo posible, sen que nunca acades o punto de saturación.  Son capaces de facer calquera cousa con tal de que sigas  lendo titulares, premendo sobre ligazóns, engadindo favoritos…

A rede non é libre, nin democrática. Ese conxunto de servidores  en sitios remotos, antenas, routers e cables de fibra óptica está controlado por cada vez menos empresas. Internet é a infraestrutura máis grande xamais construída, o sistema que define todos  os aspectos desta sociedade dixitalizada. Sen embargo, é secreta; os seus algoritmos son opacos, as súas microdecisións  non se poden rastrexar. Os centros de poder que almacenan  e procesan a información están ocultos, camuflados  por criptografía; a súa linguaxe está deseñada para confundir  a idea que temos dela. O inimigo coñece o sistema, pero nós non.

Este libro, moi documentado e de lectura áxil, é unha achega para entender por que o instrumento máis democratizador da historia volveuse -sen que apenas nos decatemos- unha máquina  de vixilancia absoluta e de manipulación de masas ao servizo  de multinacionais, potencias imperialistas e réximes autoritarios.  O máis perigoso desa espionaxe é que, nunha situación de crise, chegue a utilizarse para decidir quen ten dereito a estar nun lugar, ou mesmo existir. Satélites, recoñecemento facial, xeolocalización… é practicamente imposible eludir ese control nun mundo cada vez máis pequeno, imprevisible e con recursos limitados.

Solo quedan 1 disponibles (puede reservarse)

Categoría: Etiquetas: ,
Descripción

O INIMIGO COÑECE O SISTEMA

 

AUTOR

Marta Peirano

 

EDITORIAL

kalandraka

 

COLECCIÓN

Ágora K

 

Nº DE PÁXINAS

344 páxinas

 

ENCUADERNACIÓN

Tapa blanda

 

LINGUA

Galego

 

IDADE RECOMENDADA

Adultos

 

ISBN

9788416721559

 

 

A LUS DO CANDIL

 

Valoraciones (0)

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O inimigo coñece o sistema”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies